O pole é un complemento dietético con propiedades nutritivas, enerxéticas e metabólicas moi interesantes.
O noso
pole recóllese dende abril-maio a agosto-setembro, as nosas abellas
aproveitan en cada época as plantas en floración. Dende os brezos, os
carballos, as silvas, os castiñeiros, os toxos entre outras e sen
esquecer as numerosas plantas silvestres. Por isto, o pole
difire en cores e sabores, así como nas propiedades que nos aportan os
principios activos de cada unha das plantas que o compoñen, e é que no
pole canta máis diversidade de cores, máis propiedades, engadido as súas
propiedades xerais:
- Revitalizante xeral: eleva as taxas de hemoglobina en sangue. Indicado na recuperación de anemias.
- Falla de apetito: o pole aumenta o apetito.
- Acción reguladora das funcións intestinais.
- Función desintoxicante do organismo.
Polo seu contido en proteínas o pole é o complemento dietético ideal para persoas vexetarianas,
deportistas e persoas maiores.
Como se toma o pole?
Como se toma o pole?
Só, con iogur, disolto en leite ou auga, en ensalada, con mel... pero como
máis efectivo será é tomándoo de maneira
continua, creando un hábito e manténdoo.
As tomas poden ir dende media cullerada de postre para os nenos, a partires do ano, ata tres completas para adultos durante o día, mellor fora das comidas, soas ou inxeridas con alimentos que tamén conteñan encimas e nutrintes vivos, como iogur ou zume de froitas feito na hora.
No caso do pole seco, é aconsellable disolvelo ben, ou mastigalo, para obter todos os nutrintes de cada gran. A única limitación é non tomalo con líquidos moi quentes, xa que as altas temperaturas (máis de 60ºC) provocan a perda de propiedades.
As tomas poden ir dende media cullerada de postre para os nenos, a partires do ano, ata tres completas para adultos durante o día, mellor fora das comidas, soas ou inxeridas con alimentos que tamén conteñan encimas e nutrintes vivos, como iogur ou zume de froitas feito na hora.
No caso do pole seco, é aconsellable disolvelo ben, ou mastigalo, para obter todos os nutrintes de cada gran. A única limitación é non tomalo con líquidos moi quentes, xa que as altas temperaturas (máis de 60ºC) provocan a perda de propiedades.
A composición do pole: auga (variable se é pole seco
ou fresco), 35% de hidratos de carbono, 5% de graxa non saturada e 35% de proteínas.
Gran parte destas proteínas
están en forma de aminoácidos libres, e aquí se atopa o sorprendente do
pole; contén todos os aminoácidos esenciais.
Tamén contén vitaminas (A, D, E, C e todas as do
grupo B) minerais e oligoelementos,
encimas e susbtancias antibióticas que aumentan o seu poder terapéutico.
Máis cousas
sobre o pole
- O mel contén trazas de pole.
- O pole contén principios activos das plantas das que procede, polo tanto, canto máis colorido mellor.
- O pole fresco sabe mellor e conserva intactas todas as súas propiedades, consérvase varias semanas na nevera e máis tempo conxelado.
- Dá bos resultados en problemas da menstruación ou trastornos da menopausia asociados a inflamacións destos tecidos, así como da próstata e das vías respiratorias.
- Pode ter efectos beneficiosos sobre o sistema nervioso, aumentando a concentración, a memoria e a motivación en xeral, sendo especialmente apropiado para os maiores.
- As personas alérxicas ó pole non teñen de que preocuparse, xa que o pole procesado polas abellas non provoca a mesma reacción.
- Un remedio universal: prevén dende a caída do cabelo, ata o reumatismo e a artrose, e tamén a gripe, xerando unha barreira ante os xermes.
- A clave está na constancia. Non se trata de ningún produto milagroso nin cura nada de repente, senon máis ben dunha aportación extra para o cuidado da saúde.

